Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A Cañiza
Comentarios do Pobo da Cañiza

Arquivo: Maio 2007

29/05/2007 GMT 1

Miles de persoas celebraron as pascuillas na Cañiza

gasofas @ 15:40

29 de mayo POR Anxo Gutiérrez. www.vigometropolitano.com
a franqueira
Os peregrinos participaron na procesión.
Coma cada ano, miles de persoas se congregan no santuario da virxe da Franqueira para a acudir a celebrar as pascuillas, o luns seguinte ao remate da Pascua. A procesión asistiron unhas 13 imaxes de diversas parroquias do núcleo urban da Cañiza e doutros concellos limítrofes.Todos os asistentes van camiñando coa súa santa ata o santuario da Franqueira, segundo prescribe a tradición.

Ao chegar coas santas, faise a reverencia de saúdo entre as imaxes, e así ata saudarse as 13 imaxes que asisten. Logo procedeuse a misa solemne que foi a cargo polo párroco da Franqueira, Xavier Docampo.

Continuación tivo lugar unha comida para todos os asistentes.O rematar a comida todas as imaxes votaron cara as súas diversas parroquias.
a franqueira
a franqueira
Imaxe da Nosa Señora do Rosario
a franqueira
Vixen de Fátima
a franqueira
a franqueira

a franqueira

O popular Cesar Mera gaña a Alcaldía da Cañiza

gasofas @ 15:28

O popular Cesar Mera gaña a Alcaldía da Cañiza

28 de mayo POR Anxo Gutiérrez www.vigometropolitano.com

O candidato a alcaldía da Cañiza e senador por Pontevedra polo Partido Popular, Cesar Mera, gañou estas eleccións municipais cun máximo de 8 concelleiros. En cambio o PSdeG-PSOE obtivo 5 concelleiros nesta localidade pontevedresa. O máximo de votos obtidos polo PP foron dun total de 1850 votos. O Partido Socialista obteu un total de 1.210 votos. En cambio o BNG obtivo 190 votos, a pesar da gran perdida con respecto o 2.003. O total de votos nulos son de 21;e o máximo de votos en branco son 23. Estes datos aínda non son definitivos.

Internet Gratuito

gasofas @ 15:24

Máis de 100 usuarios xa disfrutan de este servicio

Os cañizenses xa poden contar cun novo servicio de internet gratuíto

26 de mayo POR Anxo Gutiérrez www.vigometropolitano.com

dsc_0005-2.jpg

Dende fai unha semana, o Concello de A Cañiza puxo en marcha o novo servicio de internet gratuíto. A conexión e inalambrica, que polo cal,instaláronse diversas antenas polas rúas do casco urban da Cañiza.

Unhas da diversas antenas que se instalaron nas rúas da Cañiza

A velocidade total que pode ofrecer este servicio e de 2 Mbps por usuario, pero sen poder utilizar ningún programa de descargas de películas, música entre outros. O máximo de usuarios que poder ter esta rede gratuíta e de aproximadamente uns 400. Este servicio non ten ningún coste segundo informou o Concello.

Para poder conectarse a esta rede, só teñen que ir ao Concello e cumprimentar a solicitude debidamente firmada, que no instante se lle entregará o usuario a clave de acceso e así tamén os diversos datos de configuración da rede inalambrica. Este servicio xa o están a disfrutar máis de 100 usuarios do Concello pontevedrés da Cañiza.

Web municipal da Cañiza

gasofas @ 15:18

A Cañiza xa conta con páxina web municipal

22 de mayo POR Anxo Gutiérrez .www.Vigometropolitano.com

O concello pontevedrés de A Cañiza conta dende fai unha semana con unha páxina de internet.
paxweb.gif
Algunhas das súas seccións aínda non estas cubertas e a única información que pode conter a paxina son os diversos horarios do concello,información municipal e algunhas imaxesda Cañiza. A principal función da paxina e dar información os visitantes desta vila do xamón e si mesmo mostrar algunhas das festas mais populares do municipio.

A opinión de algúns veciños e bastante boa con respeto a paxina e tamén sobre os contidos que ofrece. Todos aqueles que queiran visitala so teñen que entrar en www.caniza.org e disfrutar.

18/05/2007 GMT 1

Mitin do PP

gasofas @ 15:18

Unhas 2.000 persoas asistiron ao mitín na Cañiza

Primeiro mitin da súa última campaña electoral do candidato e actual alcalde de A Cañiza, César Mera

18 de mayo POR Anxo Gutiérrez

Onte a tardiña, César Mera Senador e alcalde de A Cañiza, fixo o seu primeiro Mitin nun restaurante na Cañiza. Contou coa presencia do ex Ministro do Interior Jaime Mayor Oreja, o presidente da Deputación de Pontevedra Rafael Louzán, e o presidente do Partido Popular de Galicia Alberto Núñez Feijóo.
1-17.jpgRafael Louzán explicou a falta de asistencia dos medios de comunicación

Louzán queixouse de que "nós non saímos a miúdo nos medios de comunicación porque os medios no queren asistir aos mitins", sinalando a cadea de televisión de Galicia.

Logo o presidente do PPdeG, Alberto Núñez, manifestou que o actual alcalde de A Cañiza e candidato as eleccións do vindeiro 27 de maio, Cesar Mera, merecía gañar estas eleccións para "poder seguir traballando polo crecemento da Cañiza".
2-15.jpg

César Mera leva 31 anos como alcalde deste municipio pontevedrés e declarou que esta era a súa última campaña electoral."Levo moitos anos de alcalde, pero esta vai ser a miña última campaña electoral, se e que gaño,claro", exclamou. Mera foi dicindo as melloras que foi tendo A Cañiza no longo dos anos que leva sendo el alcalde.
O ex Ministro explicou que"e necesario que voten todos" 3-12.jpg

"Levo gañando 31 anos a alcaldía da Cañiza e por iso penso gañar esta vez, xa que e a miña ultima campaña", repetiu. O ex Ministro do interior Jaime Mayor, matizou a victoria de César nestes anos a pesar de que perdeu un escaño nos últimos 6 anos.

Logo, Oreja finalizou o seu discurso dicindo que "no próximo día 27 quero que tódolos veciños e veciñas voten e non queden na casa". Ao mitin asistiron unhas 2.000 persoas.

PARTIDO POPULAR (P.P.)

Candidatos
1.-CESAR JOSE MERA RODRIGUEZ

2.-MARIA HELENA FERNANDEZ GONZALEZ

3.-TOMAS DA SILVA DE CARVALHO

4.-MARIA ROSARIO LORENZO CASTILLO

5.-CAMILO GIL GIL

6.-MARIA CLARA ESTEVEZ ALVAREZ

7.-JOSE LUIS PEREZ RODRIGUEZ

8.-MARIA CARIDAD PORTABALES BARROS

9.-CARLOS KUSTRIN

10.-ANA ALVAREZ PEREZ

11.-JOSE ANTONIO GREGORIO VAZQUEZ

12.-MARIA DEL PILAR MARTIN VARELA

13.-JAIME GIRALDEZ ALVAREZ

Suplentes:

1.-MARIA ELENA LEDO VIEITEZ

2.-ANTONIO MARQUEZ PAZOS

3.-MERCEDES REY LORENZO

4.-JOSE MANUEL GONZALEZ ROQUE

4-15.jpg
Cesar Mera explicou as melloras que fixo pola Cañiza

5-13.jpg

A candidatura do PP ao completo

7-6.jpg

8-4.jpg

9.jpg

Remataron as obras nas rúas Oriente, Carmen e a travesia do Mercado

gasofas @ 15:00

17 de mayo POR Anxo Gutiérrez

1-15.jpg

Aspecto da rúa do Carmen.

As polémicas obras da Cañiza, remataron nestes últimos días, a pesar de levar case 7 meses de traballos.A rúa do Carmen xa e un exemplo para moitos cañizenses, non pola súa beleza, senón por ser a primeira rúa peonilda Cañiza. Nesta instalouse unha fonte nova na que os veciños poderán gozala a cotío. A rúa Oriente e a travesía do mercado son as únicas rúas, das anteriores citadas, polo que os vehículos poderán circular.

2-13.jpgImaxe da praza do Mercado

Tan só circular pero non poderán estacionar en toda a rúa. Os vehículos de carga e descarga si poderán estacionar nos lugares permitidos para este tipo de transporte.

Enfronte ao concello deixáronse catro prazas para estacionar vehículos autorizados polo concello.

A praza do mercado mellorou no seu aspecto, pola súa nova fonte con luces embutidas no chan e tamén polo seus novos bancos. A citada fonte situouse no centro da praza arredor dunha farola que a súa única función e dar beleza e prestixio a praza.

3-11.jpg

Aspecto da rúa Oriente,onde se poden observar as diversas plantas

Os novos relolectores de lixo aínda non están rematados, pero, dentro duns días,funcionarán axiña.

En todas as rúas menos a peonil,instaláronse diversas prantas para mellorar o seu contorno.

Segundo información facilitada polo concello, a imnaguración oficial destas obras será cando pase a campaña electoral tralo 27 de maio.

1-16.jpg

Un dos membros da Policía Local observando a fonte da praza do Mercado

4-14.jpg

Imaxe dos novos recolectores de lixo subterráneos

2-14.jpg

Aspecto da fonte rodeada por bancos na rúa do Carmen

5-12.jpg

copia_de_dsc_0005.jpg

12/05/2007 GMT 1

Comezou a contrucción das tres rotondas na Cañiza

gasofas @ 20:05

Comezou a contrucción das tres rotondas na Cañiza
12 de mayo POR Anxo Gutiérrez

Imaxe da rotonda que se situa no cruze da rúa Vilanova

a.jpg
Onte comezou a construcción das 3 rotondas que se están a colocar no casco urban da Cañiza. Xa fai varios meses que o Concello tiña pensado na construcción das rotondas, pero o defecto era onde situalas e como funcionarían no futuro.

Unha das rotondas se situará no cruceiro da Carballeira do Cacharado, a outra no cruce que une a rúa Antonio Facorro coa carretera de Arbo. E finalmente a terceira se situará no cruce que une as rúas Vilanova e Antonio Facorro. "Estas rotondas mellorarán o trafico que se esta desenvolvendo no casco urban", opinaban os membros da Policía Local da Cañiza.

Aspecto da rotonda que enlaza a carretera de Arbo ca rúa Antonio Facorro
b.jpg

Pola súa banda, a opinión dos veciños non é moi boa con respecto ca rotonda da rúa Vilanova, xa que "dará moitos problema aos tráilers que veñan hacia o centro da Cañiza", opinan. A rematación destas rotondas está prevista para dentro de dúas semanas, según fontes do Concello.

Arranca a Campaña Electoral

gasofas @ 19:56

Luis Piña pegou os seus primeiros carteis con "Boa fe"

O candidato socialista á Alcaldía da Cañiza irá casa por casa a coñecer aos veciños
4-13.jpg

Luís Piña, sostendo a basoira chea de cola polos carteis.

A noite do pasado venres, arredor das doce e cuarto, Luís Piña, candidato á Alcaldía da Cañiza polo PSOE, fixaba os seus primeiros carteis na Praza Maior da Cañiza. Rodeado dalgúns dos membros da candidatura, foi fixando os seis carteis no taboleiro de madeira que se expuxo na Praza Maior cara a estrada N-120.
Rafael Fernández tamén distribuíu a cola polos carteis

5-11.jpg

Nos carteis podíase observar o lema "Faremos máis" pedindo así o voto a todos os cañicenses. Rafael Fernández, que se encabeza na lista do PSOE no 3º posición, tamén fixou algún dos diversos carteis que se expuxeron no taboleiro, e Mª del Rosario Álvarez, encabezada na segunda posición na lista, tamén colaborou en botarlle cola aos carteis.

"Teño moita fe nisto e espero que Deus me axude", exclamou o candidato. Según Luís, a partir de hoxe ira casa por casa e veciño por veciño presentándose a si mesmo polas diversas parroquias da localidade pontevedresa da Cañiza.
6-8.jpg

Mª del Rosario Álvarez botou as últimas gotas de cola polos carteis -

www.Vigometropolitano.com

01/05/2007 GMT 1

Lista electoral do PP na Cañiza

gasofas @ 16:45

Cesar Mera ,alcalde de A Cañiza
Ainda non esta confirmada a pesentación do candidato do PP da Cañiza
1 de mayo
copia_de_alcalde_pp_a_caniza.bmp

Cesar Mera,alcalde de A Cañiza.
A día de hoxe aínda non está confirmado o día da presentación do candidato a alcaldía da Cañiza. César Mera preséntase outra vez, sendo o actual alcalde de A Cañiza e senador do PP. Segundo información facilitada polo partidom Popular, a presentación oficial non ten data, a pesar de que a lista do partido xa está pechada.

Podería ser despois que da do PSOE prevista pora o 6 de maio.
A lista do PP da Cañiza

1.Cesar José Mera Rodríguez

2.María Helena Fernández González

3.Tomas Da Silva De Carvalho

4.María Rosario Lorenzo Castillo

5.Camilo Gil Gil

6.María Clara Estevez Álvarez

7.José Luís Pérez Rodríguez

8.María Caridad Portabales Barros

9.Carlos Kustrin

10.Ana Álvarez Pérez

11.José Antonio Gregorio Vázquez

12.María Del Pilar Martín Varela

13.Jaime Giraldez Álvarez

Suplentes:

1.María Helena Ledo Vieitez

2.Antonio Marquez Pazos

3.Mercedes Rey Lorenzo

4.José Manuel González Roque

Entrevista o Policia Local

gasofas @ 16:36

Daniel Enes, policía local
Ser policía na Cañiza
11 de enero POR Anxo Gutiérrez

Policia Local

A Cañiza conta agora con tres municipais na policía local. Un dos membros do corpo local, Daniel Enes, leva tan só sete meses no municipio pontevedrés e está a desarrollar con entusiasmo a súa labor policial.

Daniel Enes contou máis detalles do día a día da súa profesión nunha entrevista para Vigometropolitano:

Pregunta: Teño entendido que sodes tres policías locais cos que conta o municipio de A Cañiza ¿Cómo é a relación cos seus compañeiros?

Resposta: A nivel profesional moi ben e, por sorte, a nivel persoal a verdade é que nunca tiven tan bos compañeiros.

Daniel Enes membro da policía local da Cañiza

P: No relativo á delincuencia ¿Diminuíu ou aumentou o seu grao no concello da Cañiza no tempo que vostede leva aquí?

R: Diminuiu moito, pero hai certos puntos fortes que se póden localizar na tempada de verán xa que achéganse moitos turistas e, con eles, "amigos do alleo".

P: Nos próximos días recibirán un novo vehículo policial ¿Qué me pode contar sobre él?

R: A verdade e que estamos moi contentos porque facía falla un novo vehículo policial adaptado aos novos tempos, xa que o que temos agora xa vai para oito anos de vida, nun concello como o da Cañiza merecen as mellores actualizacións.
2-24.jpg

Daniel xunto o vehiculo policial antigo

P: A de policía é unha profesión dura, terá pasado malos ratos,... ¿Sufriu algunha vez unha agresión, insultos ou algo parecido?

R: Sí, constantemente, xa que por desgracia, aínda que non de forma xeral, moitos dos cidadáns que saen á rúa atopanse en condicións de estrés.

P: ¿Cál é o seu plan de futuro? ¿Pensa quedarse nesta localidade pontevedresa?

R: A verdade e que me gustaría estar moitos anos prestando servizo aos cidadáns da Cañiza. Pero, en principio, quedarme ou non, non depende de min senón das necesidades policiais.

P: Dado a elevada taxa de infraccións de aparcamento que se localiza na Cañiza ¿Cantas multas pon o día? ¿Os denunciados asúmeno, ou protestan moito?

R: Todo depende do día, aínda que normalmente adoito poñer avisos e soamente denuncio aos reincidentes. Por outra banda, os que asumen as infraccions son os forasteros en cambio os residentes do ámbito local protestan demasiado, na miña opinión.

P: Nos últimos seis meses ¿Cantos accidentes de vehículos de puideron localizar na vila?

R: Gracias a deus menos dos que podería haber, xa que a xente circula moi rápido polas rúas sen respectar aos demais conductores.

P: ¿Tivo algunha vez que actuar en xeito agresivo? ¿Por qué motivo?

R: Sí. Nunha ocasión tiven que actuar deste modo, xa que unha persoa mayor quíxome agredir cun bastón.

P: ¿En qué datas se localiza máis tráfico no centro urban?

R: Os días de feira e, por suposto, na tempada de verán e nas festas navideñas.

Daniel Enes prestouse sastifactoriamente a participar nesta entrevista para Vm. Daniel opina que moitos veciños tiñan que mellorar as súas infraccións para poder dar mellor circulación ao resto dos conductores.

Publicado en vigometropolitano en Xaneiro de 2007

Noticias

gasofas @ 16:20

O orzamento municipal cañicense prevé un investimento de máis de 2,2 millóns de euros o que supón un incremento de 5,58% con respecto os investimentos do ano 2006 e de 121,40% con respecto as de 2005.
27 de febrero POR Vm

O Concello de A Cañiza na súa ultima sesión ordinaria da Corporación aprobou con voto a favor do PP e en contra do PSdeG-PSOE os presupostos para o ano 2007 que ascenden a un montante de 4.806.493 €, cun incremento dun 10% mais con respecto os do ano 2006 e dun 57,85% con respecto os de 2005.

O Capitulo 6 de investimentos reais ascende a 2.259.477 €, un incremento de 5,58% con respecto as inversións do ano 2006 e de 121,40% con respecto as de 2005. "O anexo de inversión, como tódolos anos esconde o nome das obras detrás do titulo da partida presupostaría", din os socialistas nun comunicado. E engaden que “o alcalde oculta os investimentos para evitar que os coñezan os veciños e evitar o lexitimo debate político na corporación e así actuar coas mans libres en moitas das súas actuacións caciquís”.

O alcalde, que nesta sesión plenaria cumpriu 31 anos da súa chegada poder, manifestou que a forte subida das taxas do ano 2006 non é suficiente para cubrir gastos, como no caso da recollida do lixo que incrementou nun 200% - a auga subiu nun 78% -, asegura o PSdeG-PSOE. "Como se pode facer semellante afirmación do servizo do lixo, cando se realiza en todo o Concello é so o pagan os veciños do casco urbano por razóns do interese electoral do alcalde”, acusan os socialistas.

O incremento dos presupostos do ano 2006 e 2007 se debe, segundo o PSOE a que son uns presupostos "para a campaña electoral do grupo de goberno do PP. Unha vez mais, veremos unha forte ofensiva de obras e de contratacións de persoal pensadas para lograr votos en detrimento da calidade e da racionalidade na súa execución, despois “estaremos durante dous ou tres anos pagando as facturas sen apenas actividade”.

O PSdeG-PSOE rexeita "a desastrosa política inversora do alcalde, moitas obras fanse sen proxecto, sen unha planificación de futuro, e unha xestión das mesmas e de seus materiais neglixente que nos leva a tirar moitos recursos económicos”, aseguran os socialistas.

No aspecto dos ingresos dicir que ingresaremos de transferencias correntes do fondo nacional do Estado 1.280.000 € e do fondo de cooperación da Xunta 263.000 €. Partidas que sufriron importantes crecementos desde que gobernan os socialistas no Estado e na Xunta.

Fonte da noticia http://www.vigometropolitano.com

Politica

gasofas @ 16:04

De cara as proximas eleccións en breve vai comezar a campaña politica neste concello, no que este ano imos ter unha nova formacion politica a traves do Bloque Nacionalista Galego, ademais de o Psoe, e o actual goberno do PP.

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis