O Centro Comarcal ofrece cursos de introducción a informática, ofimática e xestión de empresa e de dominio, entre outros
29 de junio POR Vm
A Rede de Dinamización da Sociedade da Información e o Centro Comarcal A Paradanta organizou varios cursos formativos dirixidos por un lado, a sociedade en xeral e, polo outro, a PEMES e microPEMES.
O obxectivo en xeral destes cursos son disminuir a fenda dixital achegando a Sociedade da Información á cidadanía a través de ferramentas de software libre en galego e, no caso das PEMES, preténdese mellorar os seus parámetros produtivos e sociais con formación para o seu interese e mellora da súa competitividade.
A oferta formativa vai dende cursos básicos de introdución á sociedade da información (correo electrónico, procesador de textos...), de ofimática avanzada (follas de cálculo, bases de datos, construción de páxinas web), de xestión da empresa (facturación, contabilidade, xestión de almacén) ata cursos para a xestión da rede como poden ser a xestión de dominio corporativo, comercio electrónico, marketing na rede, etc.
Ditos cursos son de balde e os hai dende 10 horas ata incluso de 40 horas. Para a súa realización teñen que xuntarse a un mínimo de 15 persoas. O prazo para prescribirse remata o 31 de xullo.
Para realizar a prescrición ou para maior información poden dirixirse ao Centro Comarcal A Paradanta (A Cañiza)
Tlf.: 986 663 329
e-mail: mariaisabel.acaniza@dinamiza.sociedadedainformacion.eu web: http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu

Chúzao
del.icio.us



Luis Piña, o cabeza de lista socialista na Cañiza.









