A Cañiza celebrou o seu II torneo de baloncesto, abrindo así, a programación de verán
24 de julio POR Anxo Gutiérrez
O pasado sábado, día 21 de xullo tivo lugar na Cañiza o II Torneo de Baloncesto 3x3. Foi organizado maioritariamente por algúns dos xogadores do equipo de Baloncesto da Cañiza e o lugar elixido para a competición foi o pavillón municipal.
Foron 7 equipos apuntados na categoría de adultos, maioritariamente con xente da Comarca, de forma que tódolos equipos enfrontáronse entre sí. Ó final só 2 equipos conseguiron 4 vitorias dos 5 partidos xogados e estes foron os que chegaron á final. Finalmente, e ante todo pronóstico o equipo AXA da parroquia das Achas venceu ó equipo formado por algúns dos xogadores do equipo de baloncestoda Cañiza.
Desde as 19:00 que empezou, o torneo finalmente rematou ás 23:00 da noite e o equipo campión recibiu como premio unhas medallas co logotipo do Torneo. E así segue a programación cultural da Cañiza, na que lle adiantamos a programación para o mes de xullo:
- Semana de cine infantil no auditorio da Casa da Cultura as 20.30 Hrs.
Luns 23: Colegas del bosque
Martes 24: Antbully-Bienvenido al hormiguero
Mércores 25: La novia cadáver
Xoves 26: Monster house
Venres 27: Stuart Little: Aventura en el bosque
- Sábado 28 e domingo 29, campionato 24 horas de fútbol sala no pavillón municipal.
- Sábado 28, teatro no auditorio da Casa da Cultura coa obra titulada "O recuncho de Anabel"
- Domingo 29, festa dos nenos con inchables na plaza maior entre as 19:00 e as 21:00 Hrs.
- Domingo 29, cine na rúa na praza maior coa película titulada "Scoop" as 23:00 Hrs.
- Luns 30, cine na praza maior coa película titulada "Eragon" as 23:00 Hrs.
- Martes 31, cine na praza maior coa película titulada "Un buen año" as 23:00 Hrs.

Chúzao
del.icio.us
Dende fai uns meses, planeouse facer unha baixada de carrilanas na Cañiza coñecida como "Festa do Xamón" para que os veciños poidan ter ao menos algún espectáculo deportivo. Manuel Pereira e Anxo Gutiérrez foron organizando este evento con toda a confianza do concello da Cañiza, que está prestando toda a súa colaboración a esta organización.