Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A Cañiza
Comentarios do Pobo da Cañiza

Arquivo: Agosto 2007

28/08/2007 GMT 1

Veciños de A Cañiza planean a creación dunha pista para helicópteros

gasofas @ 15:14

27 de agosto POR Anxo Gutiérrez

A abrupta orografía do municipio de A Cañiza, representa un grave problema para os veciños cando é necesario realizar unha evacuación sanitaría de emergencia, xa que non conta con lugares apropiados para que os helicópteros de evacuación, poidan aterrizar sen perigo que as súas aspas poidan chocar contra os árbores ou o terreo. Esta é unha das argumentacións dos vecinos de A Cañiza que plantean a instalación na localidade de unha pista para aterrizar helicópteros.

Os interesados consideraron a adecuación dun céntrico terreo libre de obstáculos que os veciños da parroquia de Valeixe puxeron a disposición deste proxecto de interés público. ”Os terreos forman parte do terreo comunal de Valeixe e hasta a data, estaban cheos de matorrais e escombro, polo que con esta iniciativa, esa zona é a indicada”, indica Enrique Gómez Álvarez, un dos promotores da iniciativa.

Indican que esta parte do monte veciñal “supón ademais un perigo de propagación de incendios polo alto risco dos materiais depositados dado que con esta iniciativa se consigue dar un uso social e de interese a esta zona de monte abandonado, revalorizando”.

Os veciños esperan que a conselleria que preside Suárez Canal teña en consideración esta iniciativa popular e colabore con os mesmos para adecuar o punto de aterrizaxe, que tamén poderano usar os helicópteros pesados de extinción de incendios da Xunta.

26/08/2007 GMT 1

Máis de 4.000 persoas asistiron a Festa-Feira do Xamón na Cañiza

gasofas @ 11:18

15 de agosto POR
Anxo Gutiérrez

copia_de_1-4.jpg
Meniños e meniñas levaban o xamón en bandexas
A Cañiza foi escenario da 41 edición da Festa-Feira do xamón na praza maior. O tempo non pudo acompañar a esta festa anual así que os membros da comisión de festa tiveron que recurrir a métodos alternativos para que esta festa non lle faltase detalle. As 11 horas comezaba o desfile da comitiva do xamón dende o concello, coas distintas bandexas de xamón, cos cabezudos e, como non, coa banda de gaitas de Valeixe.

O chegar a praza maior o alcalde César Mera deu un pequeño discurso para todos os asistentes explicando que “nunca recordei as festa do xamón con choiva”, explicou. Logo a comitiva foi desgustar o xamón con viño acompañado polo alcalde de A Cañiza e pola comisión de festas. O rematar a degustación, a orquesta Isla animou o ambiente na sesión vermú.
copia_de_3-2.jpg
As racións elaboradas con xamón serrano, asado, cocido no viño tinto e tortilla de xamón vendíase a catro euros que acompañaba una ración de pan e viño. Sobre unhas 4.000 persoas asistiron a festa que esperemos que cada ano atraía mais xente e como non mais xamón.

copia_de_4-2.jpg

copia_de_5.jpg

copia_de_2-2.jpg

copia_de_6.jpg

copia_de_7.jpg

copia_de_8.jpg

copia_de_10.jpg

copia_de_9.jpg

copia_de_11.jpg

copia_de_12.jpg

copia_de_14.jpg

copia_de_13.jpg

copia_de_15.jpg

copia_de_16.jpg

copia_de_17.jpg

copia_de_19.jpg

copia_de_dsc_0186.jpg

13/08/2007 GMT 1

"Dani racing" vence na I Baixada de carrilanas "Festa do xamón" da Cañiza

gasofas @ 22:26

12 de Agosto Estrada da Uceira

13 de agosto POR Anxo Gutiérrez

a-5.jpg
"Dani Racing" gañou a I Baixada de carrilanas "Festa do Xamón", celebrada onte na estrada da Uceira na Cañiza. Máis de 40 carrilanas participaron na baixada, que según fontes da organización resultou un gran éxito. O vencedor acadou un tempo de 1’16’30 na categoría Exhibición. Máis de 400 persoas non quixeron perderse esta oportunidade de ver a carreira.

Afortunadamente non houbo ningún accidente grave pero algún leve, xa que a maioría de eles colisionaron contra una barreira de rodas. Asistiu una ambulancia y un policía local

b1.jpgEspectaculares carrilanas feitas de madeira

Os distintos tipos de carrilanas que baixaron son os seguintes:

Categoría de rodamento individual, rodamento colectivo, neumática, madeira, gravity e por suposto exhibición, no que baixaron 8 pilotos locais.

c.jpg

Os clasificados das distintas categorías son os seguintes:

- Rodamento individual: 3º Clasificado Yamaha(1’49’25), 2º Clasificado BTR (1’48’69)1º Clasificado Pegatinas (1’38’59).

d-4.jpg

"Dani racing" gañou esta 1ª Baixada

- Rodamiento colectivo: 3º Clasificado Os Argentos (1’39’28), 2º Clasificado Arrejocheo (1’38’31), 1º Clasificado Carbono (1’37’59).

- Neumática: 3º Clasificado Rv Evo III (1’06’68), 2º Clasificado Pantera (1’06’62), 1º Clasificado Afagoa (1’06’10).

- Madera: 3º Clasificado Piño meta (1’34’32), 2º Clasificado Woody (1’33’13), 1º Clasificado Zoco móvil (1’29’72).

- Gravity: 3º Clasificado Alex GB (1’12’47), 2º Clasificado Gravedad 0 (1’12’00), 1º Clasificado AGSA (1’10’65).

- Exhibición: 3º Clasificado El puto amo(2’05’62), 2º Clasificado Os noledos (1’49’37), 1º Clasificado Dani racing (1’16’30).

e.jpg

O primer premio foi entregado por José Luís Giráldez (concelleiro de Deportes), o segundo premio por Manuel Pereira (Membro da organización), e o terceiro foi entregado por Anxo Gutiérrez (Xefe de prensa da organización).

f-3.jpg

Premiouse o piloto máis xoven feminino e masculino e ós pilotos locais que non se clasificaron se lles entregou una medalla. Os pilotos deron a calificación de excelente sobre a estrada da Uceira que tamén citarón que case ninguna carreira conta con tanta publicidade como contou a da Cañiza.

10/08/2007 GMT 1

O PSdeG-PSOE da Cañiza rechaza a censura da Peneira

gasofas @ 15:51

Publicado no diario a peneira

O PSdeG-PSOE de A Cañiza quere expresar publicamente o seu rechazo á acción levada a cabo polo Alcalde de A Cañiza censurando o reparto do xornal A Peneira nos lugares públicos do Concello, e o entorpecemento a súa distribución.
Tal medida viola o dereito á liberdade de comunicación e ao dereito a que os cidadáns da Cañiza sexan informados por este diario, ou por outro calquera.
A liberdade de pensamento, e de expresión forma parte dun dos piares básicos da democracia, e privar ou entorpecer estes dereitos é un claro feito absolutista e caciquista, obra daquel que non ten confianza nun mesmo e que teme que a xente pense por si mesma.
A censura da información trae a lembranza de tempos pasados, tempos aos que pertence o actual Alcalde, César Mera. A Cañiza non pode evolucionar se ten como rexedor a un ser caudillista ancorado nos tempos nos que comezou a exercer a política.

Os salarios dos alcaldes e concelleiros en cifras

gasofas @ 15:46

Publicado na Peneira

Estes serán os salarios dos alcaldes e concelleiros da comarca para os vindeiros catro anos

PONTEAREAS:
Alcalde: 55.000 euros brutos anuais

-Dedicacións exclusivas: 30.000 euros anuais.cada unha

-Concelleiros con dedicación exclusiva: Polo PP Alberto Novoa e pola UCPA Nava Castro e Domingos Freitas.

-Dedicacións parciais do goberno: 20.000 euros brutos ao ano cada unha. Polo PP Isabel González e Victor Sebastián e pola UCPA J.C. Carrera e Raquel Bautista.

-Dedicacións parciais da oposición: 10.000 euros cada unha. Polo BNG Sandra Arauxo e Carmen Boente. Polo PSOE Francisco Candeira e Delfín Domínguez.

-Por cada pleno: Os membros da corporación cobrarán 120 euros

-Por cada xunta de goberno: Cobrarán 90 euros cada un

-Por cada comisión informativa:Cobrarán 60 euros

-Asignación por grupo político:200 euros fixos ao mes e, a maiores, 60 euros ó mes por cada concelleiro.

SALVATERRA:
- Arturo Grandal (alcalde, PP): 44.747,98 euros (exclusiva)
- Marta Valcárcel (concelleira, PP): 39.950,00 euros (exclusiva)
- Manuel Andrés Acuña (concelleiro, PP): 36.350 euros (exclusiva)
- Ernesto Groba (concelleiro, PP): 7.000 euros (parcial)
- María José Méndez (concelleira, PP): 7.000 euros (parcial)

AS NEVES:
- Salario do alcalde:Dedicación exclusiva 45.391 euros brutos ó ano.

-Salario do concelleiro de urbanismo, obras e servizos:Dedicación exclusiva 24.427 euros brutos ó ano.

-Salario da concelleira de servizos sociais e cultura: Dedicación exclusiva 29.000 euros brutos ó ano

-Por pleno:Cobrarán 60 euros e por xomisión informativa ou xunta de goberno 50 euros.

-Asignación fixa por partido:200 euros.

-Asignación por concelleiro:
5.500 euros a repartir entre os once concelleiros

ARBO:
- Alcalde: 2000 € netos mes en 14 pagas por unha dedicación parcial de 42 (corenta e dúas) horas semanais.

-Concelleiros: 620 € netos/ mes en 14 pagas por unha dedicación parcial de 2 (dúas) horas de luns a venres.

-Por asistencia a Plenos: 150 € por sesión.

-Periodicidade dos Plenos Ordinarios: 1 cada 3 meses.

-Por asistencia á Xunta de Goberno: 150 € por sesión

-Por asistencia á Comisión de Contas: 150€ por sesión

CRECENTE:
O alcalde: Julio César García-Luengo (fillo) gañará 26.000 euro brutos ao ano.

- O tenente de alcalde: Julio César García-Luengo (pai) gañará 26.000 euros ao ano. Ambos con adicación exclusiva.

- O concelleiro de cultura: Ten unha adicación parcial de 7.000 euros ao ano

- Por asistencia a pleno: Cobrarán 78 euros.

-Por asistencia á Xunta de Goberno: Cobrarán 42 euros

-Por asistencia a Comisión de Contas: A única que hai, cobrarán 30 euros.

A CAÑIZA:
O alcalde: Dedicación exclusiva cobrará 50.167 euros brutos ao ano distribídos en 14 pagas

- 1º tenente de alcalde: Adicación parcial de 9.995 euros brutos ó ano distribuídas en 12 pagas.

COVELO:
- O Alcalde: Dedicación exclusiva 45.499 euros brutos en 14 pagas, a razón de 3.249 euros brutos ao mes

- O tenente de alcalde: Dedicación exclusiva 18.404 euros brutos ao ano o que da 1.314 euros brutos ao mes

- Por pleno: Cobrarán 75 euros.

- Por Xunta de Goberno e Comisión Informativa: 50 euros.

MONDARIZ:
- O alcalde:Soldo de 45.455,82€

- Dedicación exclusiva do 1º tenente de alcalde:(Jose Andres Mouriño Tellado) é de 33.287,44€ , os dous repartidos en 14 pagas e calculado en bruto

MONDARIZ BALNEARIO:
Neste concello non hai unha cantidade asignada para alcade e concelleiros. En teoría non cobran nada. Si ven os grupos da oposición apuntan a que nos orzamentos hai unha cantidade de 12.000 euros destinada a “altos cargos”.
Ata o 2004 os distintos grupos políticos municipais cobraban 1.400 euros ó ano indistintamente do número de concelleiros.

Cañiza celebrará a XLI Festa-Feira do Xamón

gasofas @ 15:45

A peneira Dixital

A Cañiza segue co seu verán cultural a base de actuacións, música e teatro.
Deste xeito o xoves o humorista Farruco actuará na Praza Maior ás 23:00 horas. As Pekenekas actuará na rúa Peonil ás 20:30 horas do venres día 10; este día tamén haberá música a cargo do brasileño Renato Spencer, o escocés Macfeck e o galego Dj Maco. O sábado día 11 Capitán Maravilla actuará na Praza Maior e xa pola noite Northern Kentucky B. Singers porá música á Praza Maior a partires das 23:00 horas.
Neste mesmo día terá lugar o II Criterium de Coches Clásicos e ao día seguinte, domingo día 12 Tarde de Xogos Populares na rúa peonil e música a cargo de Tanxadoiras do Pandeiro na Praza Maior a partires das 23:00 horas. Tamén continuará o VIII Percorrido de Caza do Xamón. A I Baixada de Carrilanas comezará a partires das 10:30 horas coas verificacións.
O luns 13 comeza a XLI Festa-Feira do Xamón da Cañiza con verbena amenizada pola orquestra Super Combo e o grupo América a partires das 22:00 horas. O martes 14 a verbena estará amenizada pola orquestra Embajadores e polo grupo Asia de Asturias.
O mércores día 15 ás 11:00 horas comeza a degustación do xamón na Praza Maior. O desfile da comitiva será ás 12 horas e actuación dos grupos folklóricos á unha do mediodía.
A orquestra Isla amenizará a sesión vermú. A festa infantil con inchables será a partires
das 18 h, ó igual que o torneo
de fútbol. A verbena pechará as festas.
O domingo día 19 será o I Concurso de doma clásica do campionato galego. Neste mesmo día a carballeira do Cacharado acollerá unha sardiñada popular. O día 25 Teatro de Ningures actuará no auditorio da Casa da Cultura ás 21:30 horas.
A Festa da terceira Idade será o domingo 26 a partires das 18:00 horas.

Entrevista a Anxo Gutiérrez Barros, xefe de prensa da I Baixada de Carrilanas Festa do Xamón

gasofas @ 15:42

-Por que deciden organizar a I Baixada de Carrilanas?
-Porque na Cañiza non hai ningunha proba de automobilismo e porque hai moita xuventude que o viña demandando.
-Require moito esforzo organizar este tipo de eventos?
-Pois a verdade é que sí. Tan só estamos Manuel Pereira, membro da organización da Festa do Xamón, máis eu e por en marcha unha proba nova require moito tempo. Tivemos a sorte de contar coa implicación das casas comerciais que contribuiron publicitándose no cartel e con pancartas e tamén a colaboura do alcalde, César Mera.
-A Federación de Deportes de Inercia deulles autorización para que fose puntuable para o campionato galego, ¿que pide a cambio?
-Pois seriedade e profesionalidade. Temos que por duas ambulancias, contaremos coa axuda da Policía Local e, sobre todo, que a pista cumpra os requisitos.
-Cales son?
-Que teña un mínimo de metros e que estea limpa. Ó principio pensamos na pista do cámping pero os metros da pista eran pouco. Ó final a pista da Uceira resultou mellor, incluso para a seguridade do público porque ten máis zonas para ubicarse e gozar do espectáculo. Tamén teremos moita zona de aparcamento. Un equipo de voluntarios e a Policía Local velarán pola seguridade de todos. Iso sí, pedimos responsabilidade e colaboración. Que o público non se poñan na parte de fora das curvas nin a menos de dous metros da estrada.
-Como será o día?
-Pois moi animado. Teremos dous bares, un na meta e outro na chegada e música para animar o evento. Hai máis de cincuenta inscritos e haberá premios para a rapaza máis nova e para o rapaz máis novo. Haberá trofeos para os tres primeiros de cada categoría e medallas para todos os pilotos locais. Estou seguro de que todos os participantes e asistentes desfrutarán dun día divertido e san.

Máis de corenta pilotos participarán na I Baixada de Carrilanas da Cañiza

gasofas @ 15:35

Máis de corenta pilotos de toda Galiza participarán na I Baixada de carrilanas “Festa do Xamón” na Cañiza. Esta proba deportiva, organizada por Anxo Gutiérrez Barros e Manuel Pereira, membro da organización da “Festa Feira do Xamón na Cañiza”, terá lugar na estrada da Uceira, que é o vial que baixa dende o polígono industrial ata o torreiro de festas da parroquia de Oroso.

A estrada ten unha lonxitude de 800 metros, que ademais conta ao final cunha pista de freado de máis de 400 metros. A baixada será o día 12 de agosto e a organización xa está a dispor todo para que este evento deportivo atraia a centos de seguidores consolidándose como un atractivo máis desta vila do xamón. “Contaremos con tres bares repartidos por toda a pista e tamén varios equipos de música que animarán o evento. Queremos agradecerlle a súa colaboura ao concello e tamén aos establecementos comerciais da Cañiza que acolleron con moito entusiasmo a celebración desta I Baixada de Carrilanas Festa do Xamón. Levamos máis dun mes organizando esta carreira e atopámonos coa grata sorpresa de que moitos comercios de Cañiza amosaron o seu apoio e mesmo publicitarán os seus establecementos nas distintas lonas que se colocarán nas curvas e na entrega de trofeos, ademais dos que se insertan no cartel” explicou Anxo Gutiérrez Barros.
Os horarios previstos par a desputa desta carreira comezarán cos adestramentos libres arredor das once da mañá. Ás 16:00 horas terá lugar a saída do primer participante na primeira manga do campeonato galego; ás 17: horas a saída da segunda manga e xa ás 19 horas a entrega oficial de premios.

publicado na peneira

07/08/2007 GMT 1

As festas do xamón están a piques de comezar na Cañiza

gasofas @ 07:05

6 de agosto POR Anxo Gutiérrez
copia_de_img001.jpg
A 41 edición da “Festa -Feira do Xamón” da Cañiza esta a piques de comezar. Multitud de xente de distintos pobos de toda Galicia acuden a esta extraordinaria festa do xamón na Cañiza. A festa comezará os días 13, 14 e 15 de agosto con verbenas e como non con un publico magnífico. Hai que reconocer o gran esforzó que tiveron que facer os membros da comisión de festas para que estes tres días non faltase detalle.

PROGRAMACIÓN:

- Luns, 13: Ás 12.00 Horas. Saída dos Cabezudos acompañados pola Banda de Gaitas Santa Cristina de Valeixe. Verbena nocturna amenizada polo Grupo América e a orquesta Super Combo

Martes, 14 de agosto

Ás 12.00 Horas. Saída dos Cabezudos acompañados pola Banda de Gaitas Santa Cristina de Valeixe. Verbena nocturna amenizada polo Grupo Asia (De Asturias) e a orquesta Embajadores.

copia_de_1-3.jpg
Praza Maior da vila

Mércores, 15 de agosto

Celebración da 41 EDICIÓN DA FESTA-FEIRA DO XAMÓN.
- 11.00. Venta de tickets para a degustación de racións con Xamón.
- 12.00. Desfile da Comitiva do Xamón dende a Casa Consistorial ata a Praza Maior.
- 13.00. Pregón das Festas (Entrega de trofeos dos concursos de Narración e de pintura)
- 13.30. Actuacións: Banda de Gaitas e Grupo de Baile da Asociación Cultural e Deportiva Santa Cristina de Valeixe. Exhibición de baile de salón. Orquesta Isla na sesión vermú.
- 18.00Horas Festa infantil na Carballeira do Cacharado.
- 19.00Horas Torneo de fútbol “Festa do Xamón”.
- Gran verbena amenizada pola orquesta Isla e o grupo Cabaret.

Domingo, 19 de agosto

Gran sardiñada na carballeira do cacharado.

Gran éxito na programación Cultural da Cañiza

gasofas @ 07:00

5 de agosto POR Anxo Gutiérrez

copia_de_1-2.jpg
Moitos veciños asisten as películas que se estan reproducíndo na praza maior

Estes dias se esta desarrolando a Programación Cultural da Cañiza que esta tendo gran afluencia de veciños. Cine na rúa, noites de contacontos animación na rúa...e o que nos ofrece a programación de verán da Cañiza.
Programación

Domingo 5: Coral da Cañiza no Auditorio Casa da Cultura as 22.00 horas.

Luns 6: teatro na rúa co grupo Migallas Teatro interpretando a obra "Canta Connnosco" na praza maior as 23.00 horas.

Martes 7: Teatro na rúa co grupo Migallas Teatro interpretando a obra "O cantante e as mulleres" na praza maior as 23.00 horas.

Mércores 8: Noite de contacontos coa actuación de Candido Pazó na praza maior as 23.00 horas.

Xoves 9: Noite de contacontos coa actuación de Frarruco na praza maior as 23.00 horas.

Venres 10: Espectacúlo de As Pekanekas na rúa peonil as 20.30 horas.

Venres 10: Música con Renato Spencer(Brasil),Macfeck (Escocia, Inlaterra e Galicia) e Dj Macö (Galicia) na praza maior as 23.00 horas.

Sábado 11: Espectaculo do Capitan Maravilla na praza maior as 20.30 horas.

Sábado 11: Música con Northern Kentucky B. Singers (USA) na praza maior as 23.00 horas.

Sábado 11: Fútbol no novo campo das Augas Férreas as 18.00 horas.

Sábado 11: II Criterium A Cañiza de Coches Clásicos no horario de 09.00 a 16.00 no parque da gasolineira da autovia.

Domingo 12: 1ª Baixada de carrilanas "Festa do Xamón) na estrada da Uceira(dende N-120 ata o torreiro de Oroso) de 10.30 a 13.00 e de 15.30 a 19.30 horas.

Domingo 12: Tarde de xogos populares na rúa peonil as 20.00 horas.

Domingo 12: Musica con Tanxadoiras do pandeiro (Galicia) e Irtio(Galicia)na praza maior as 23.00 horas.

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis