Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A Cañiza
Comentarios do Pobo da Cañiza

Arquivo: Setembro 2007

23/09/2007 GMT 1

Milleiros de feligreses honraronlle homenaxe a Sra de Peña de Francia en Parada

gasofas @ 11:35

22 de septiembre POR Anxo Gutiérrez
1-108.jpg
A imaxe da Sra de Peña de Francia
Onte Tivo lugar en Parada (A Cañiza) a tradicional romaría de Peña de Francia .Milleiros de feligreses congregáronse no recinto de festas para rendirle homenaxe a súa virxe. Moita xente pedíalle a virxe saúde para os seus seres queridos pasádonlle como de costume un pano pola imaxe da Señora de Peña de Francia.

Despois tivo lugar a procesión que foi alrededor da igrexa, rematando na citada igrexa, para que os feligreses puideran depositar as súas limosnas. A noite tivo lugar a verbena amenizada polas orquestras Abanico e a Banda de Música Delicias do Caeiro.

2-97.jpg

3-76.jpg

4-61.jpg

5-43.jpg

6-20.jpg

7-16.jpg

8-13.jpg

9-7.jpg

10-4.jpg

11-8.jpg

12-5.jpg

A Sociedade Comarcal pon en marcha un curso de difusión da Agricultura Ecolóxica no Centro Comarcal da Paradanta

gasofas @ 11:23

20 de septiembre POR Anxo Gutiérrez

cartel_agricultura.jpgA sociedade é cada vez mais consciente de que a producción agraria intensiva está xerando efectos non desexados para o medio ambiente e os consumidores cada vez mais están a procura de alimentos mais sanos, con menos residuos químicos.É por isto que consideramos moi interesante a realización deste curso.

OBXECTIVOS DO CURSO:

1.Difundir os métodos de producción ecolóxica. 2.Ensinar que é tecnicamente factible producir sen produtos químicos. 3.Fomentar que os productores poden contemplar as posibilidades de reconversión da súa explotación.

TEMARIO:

O curso terá unha duración de 4 horas laectivas. O temario será o seguinte:

TEMA 1 : Introducción (1/2 hora) Efectos non desexados da producción intensiva; definición da producción ecolóxica; produccións implicadas; lexislación.

TEMA 2: PRINCIPIOS DE PRODUCCIÓN (2 HORAS) Principios teóricos; manexo do solo e da cuberta vexetal; control de pragas e enfermidades, manexo de matogueiras.

TEMA 3: COMERCIALIZACIÓN (1 HORA). Caracterización do consumidor; potencial de mercado; diferencias entre o convencional e o ecolóxico.

TEMA 4: Na práctica (1/2 hora). Presentación de fincas de horta ecolóxica, leite de vacún e carne de vacún. *CENTRO COMARCAL DE A PARADANTA *

XOVES 11 DE OUTUBRO DE 17:00 A 21:00 HORAS.

INFORMACIÓN E INSCRIPCIÓNS

A participación é gratuíta ainda que é precisa unha inscripción previa (prazas limitadas) A inscripción deberá facerse no Centro Comarcal do PARADANTA mediante chamada telefónica ao 986 66 33 29, enviando un fax ao 986 66 33 28 ou un e-mail a ccparadanta@comarcasdegalicia.com seguintes datos: nome completo, enderezo, teléfono, formación e ocupación laboral.

Centro Comarcal PARADANTA Rúa Silleda s/n 36880 A Cañiza (Pontevedra) Tl.: 986 66 33 29 - Fax: 986 66 33 28 Correo electrónico: ccparadanta@comarcasdegalicia.com

La escudería Motor Club A Cañiza pide a sus vecinos su ingreso para poder llevar a cabo el Autocross

gasofas @ 11:21

7 de septiembre POR Anxo Gutiérrez

La escudería Motor Club reclama ayuda entre los vecinos para configurar a todos los miembros necesarios para que esta entidad pueda tener la fuerza suficiente como para impulsar la pista de autocross que se prevé construir en A Cañiza.

copia_de_img030.jpg«Estamos renovando toda la escudería y necesitamos más gente, aunque no nos quejamos de falta de apoyo de la gente porque la noticia de la nueva pista ha provocado mucha alegría y muchos ánimos», recuerda Anxo Gutiérrez, portavoz de la escudería.

En la actualidad el Concello y Motor Club buscan la ubicación de dicha pista, que pretenden que esté bien conectada con la autovía y tenga más de un kilómetro de recorrido. Este circuito ampliará la oferta existente en Galicia, que en la actualidad se remite a un solo ejemplo, el ubicado en Arteixo.

<copia_de_img031.jpg
El piloto de A Cañiza, Manuel Gutiérrez en la antigua pista de Autocross

Para todos aquellos que quieran formar parte desta escuderia, pueden ponerse en contacto con nosotros en el teléfono 619 314 974 o bien en la direccion de e-mail: motorclubcaniza@gmail.com.

02/09/2007 GMT 1

O PSOE acusa ó alcalde cañicense de facer unha ‘utilización partidista e electoralista’ do seu cargo

gasofas @ 10:59

1 de septiembre POR Vm
Na primeira sesión ordinaria da Corporación de A Cañiza, o PSOE preguntou ó goberno municipal pola actuación do Alcalde, César Mera, en momentos preelectorais, que segundo comunicaron os socialistas a través dunha nota de prensa, “acabou recoñecendo publicamente que convocou os veciños de A Cañiza residentes en Arxentina a unha xuntanza en Bos Aires oficialmente como Alcalde de A Cañiza no que se sortearon dúas viaxes a España como se indicaba na convocatoria”.

O Grupo socialista “se interesou en saber canto valeu esta viaxe, estancia e ‘regalos’ como as viaxes entre os asistentes para as arcas públicas do Concello de A Cañiza, como a viaxe que realizou a cidade de Lisboa na que tamén convocou os veciños residentes en Portugal ‘oficialmente como Alcalde de A Cañiza’ con bebidas e aperitivos na parte final, ou, a carta enviada oficial como Alcalde a tódolos residentes no estranxeiro que é un ‘panfleto partidista’ vendendo unha situación idílica da súa xestión”. Os socialistas califican de “lamentable o grado de dexeneración no que chegamos na ‘utilización partidista e electoralista’ do cargo de Alcalde e dos cartos públicos do Concello de A Cañiza”.

As preguntas formuladas polo partido socialista de A Cañiza centráronse tamén na “denuncia urbanística presentada no mes de marzo deste ano contra a construción de dúas vivendas situadas na estrada de acceso o Cuartel da Garda Civil, entre o instituto e unhas naves de transportes nunha parcela propiedade do señor Alcalde, César José Mera Rodriguez”.

Segundo o PSOE, “as mencionadas casas, teñen licenza de 9 de agosto de 2003 co plan urbanístico antigo, e se inicia a súa construción tres anos máis tarde en agosto de 2005 nunha parcela que co novo plan en vigor desde setembro de 2003 non se pode construír, e ademais, a finca carece de acceso directo a vía publica o que fai imposible a viabilidade das construcións e non contar cos servizos básicos para ser merecedora de ser solar. Pero, para “colmo da cacicada”, traballadores do Concello nestes últimos días estiveron realizando traballos de conexións de servizos básicos municipais na parcela das vivendas denunciadas.”

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis