Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A Cañiza
Comentarios do Pobo da Cañiza

01/05/2007 GMT 1

Entrevista o Policia Local

gasofas @ 16:36

Daniel Enes, policía local
Ser policía na Cañiza
11 de enero POR Anxo Gutiérrez

Policia Local

A Cañiza conta agora con tres municipais na policía local. Un dos membros do corpo local, Daniel Enes, leva tan só sete meses no municipio pontevedrés e está a desarrollar con entusiasmo a súa labor policial.

Daniel Enes contou máis detalles do día a día da súa profesión nunha entrevista para Vigometropolitano:

Pregunta: Teño entendido que sodes tres policías locais cos que conta o municipio de A Cañiza ¿Cómo é a relación cos seus compañeiros?

Resposta: A nivel profesional moi ben e, por sorte, a nivel persoal a verdade é que nunca tiven tan bos compañeiros.

Daniel Enes membro da policía local da Cañiza

P: No relativo á delincuencia ¿Diminuíu ou aumentou o seu grao no concello da Cañiza no tempo que vostede leva aquí?

R: Diminuiu moito, pero hai certos puntos fortes que se póden localizar na tempada de verán xa que achéganse moitos turistas e, con eles, "amigos do alleo".

P: Nos próximos días recibirán un novo vehículo policial ¿Qué me pode contar sobre él?

R: A verdade e que estamos moi contentos porque facía falla un novo vehículo policial adaptado aos novos tempos, xa que o que temos agora xa vai para oito anos de vida, nun concello como o da Cañiza merecen as mellores actualizacións.
2-24.jpg

Daniel xunto o vehiculo policial antigo

P: A de policía é unha profesión dura, terá pasado malos ratos,... ¿Sufriu algunha vez unha agresión, insultos ou algo parecido?

R: Sí, constantemente, xa que por desgracia, aínda que non de forma xeral, moitos dos cidadáns que saen á rúa atopanse en condicións de estrés.

P: ¿Cál é o seu plan de futuro? ¿Pensa quedarse nesta localidade pontevedresa?

R: A verdade e que me gustaría estar moitos anos prestando servizo aos cidadáns da Cañiza. Pero, en principio, quedarme ou non, non depende de min senón das necesidades policiais.

P: Dado a elevada taxa de infraccións de aparcamento que se localiza na Cañiza ¿Cantas multas pon o día? ¿Os denunciados asúmeno, ou protestan moito?

R: Todo depende do día, aínda que normalmente adoito poñer avisos e soamente denuncio aos reincidentes. Por outra banda, os que asumen as infraccions son os forasteros en cambio os residentes do ámbito local protestan demasiado, na miña opinión.

P: Nos últimos seis meses ¿Cantos accidentes de vehículos de puideron localizar na vila?

R: Gracias a deus menos dos que podería haber, xa que a xente circula moi rápido polas rúas sen respectar aos demais conductores.

P: ¿Tivo algunha vez que actuar en xeito agresivo? ¿Por qué motivo?

R: Sí. Nunha ocasión tiven que actuar deste modo, xa que unha persoa mayor quíxome agredir cun bastón.

P: ¿En qué datas se localiza máis tráfico no centro urban?

R: Os días de feira e, por suposto, na tempada de verán e nas festas navideñas.

Daniel Enes prestouse sastifactoriamente a participar nesta entrevista para Vm. Daniel opina que moitos veciños tiñan que mellorar as súas infraccións para poder dar mellor circulación ao resto dos conductores.

Publicado en vigometropolitano en Xaneiro de 2007

Comentarios

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis