Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A Cañiza
Comentarios do Pobo da Cañiza

01/05/2007 GMT 1

Noticias

gasofas @ 16:20

O orzamento municipal cañicense prevé un investimento de máis de 2,2 millóns de euros o que supón un incremento de 5,58% con respecto os investimentos do ano 2006 e de 121,40% con respecto as de 2005.
27 de febrero POR Vm

O Concello de A Cañiza na súa ultima sesión ordinaria da Corporación aprobou con voto a favor do PP e en contra do PSdeG-PSOE os presupostos para o ano 2007 que ascenden a un montante de 4.806.493 €, cun incremento dun 10% mais con respecto os do ano 2006 e dun 57,85% con respecto os de 2005.

O Capitulo 6 de investimentos reais ascende a 2.259.477 €, un incremento de 5,58% con respecto as inversións do ano 2006 e de 121,40% con respecto as de 2005. "O anexo de inversión, como tódolos anos esconde o nome das obras detrás do titulo da partida presupostaría", din os socialistas nun comunicado. E engaden que “o alcalde oculta os investimentos para evitar que os coñezan os veciños e evitar o lexitimo debate político na corporación e así actuar coas mans libres en moitas das súas actuacións caciquís”.

O alcalde, que nesta sesión plenaria cumpriu 31 anos da súa chegada poder, manifestou que a forte subida das taxas do ano 2006 non é suficiente para cubrir gastos, como no caso da recollida do lixo que incrementou nun 200% - a auga subiu nun 78% -, asegura o PSdeG-PSOE. "Como se pode facer semellante afirmación do servizo do lixo, cando se realiza en todo o Concello é so o pagan os veciños do casco urbano por razóns do interese electoral do alcalde”, acusan os socialistas.

O incremento dos presupostos do ano 2006 e 2007 se debe, segundo o PSOE a que son uns presupostos "para a campaña electoral do grupo de goberno do PP. Unha vez mais, veremos unha forte ofensiva de obras e de contratacións de persoal pensadas para lograr votos en detrimento da calidade e da racionalidade na súa execución, despois “estaremos durante dous ou tres anos pagando as facturas sen apenas actividade”.

O PSdeG-PSOE rexeita "a desastrosa política inversora do alcalde, moitas obras fanse sen proxecto, sen unha planificación de futuro, e unha xestión das mesmas e de seus materiais neglixente que nos leva a tirar moitos recursos económicos”, aseguran os socialistas.

No aspecto dos ingresos dicir que ingresaremos de transferencias correntes do fondo nacional do Estado 1.280.000 € e do fondo de cooperación da Xunta 263.000 €. Partidas que sufriron importantes crecementos desde que gobernan os socialistas no Estado e na Xunta.

Fonte da noticia http://www.vigometropolitano.com

Comentarios

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis