Arranca a Campaña Electoral
Luis Piña pegou os seus primeiros carteis con "Boa fe"
O candidato socialista á Alcaldía da Cañiza irá casa por casa a coñecer aos veciños

Luís Piña, sostendo a basoira chea de cola polos carteis.
A noite do pasado venres, arredor das doce e cuarto, Luís Piña, candidato á Alcaldía da Cañiza polo PSOE, fixaba os seus primeiros carteis na Praza Maior da Cañiza. Rodeado dalgúns dos membros da candidatura, foi fixando os seis carteis no taboleiro de madeira que se expuxo na Praza Maior cara a estrada N-120.
Rafael Fernández tamén distribuíu a cola polos carteis

Nos carteis podíase observar o lema "Faremos máis" pedindo así o voto a todos os cañicenses. Rafael Fernández, que se encabeza na lista do PSOE no 3º posición, tamén fixou algún dos diversos carteis que se expuxeron no taboleiro, e Mª del Rosario Álvarez, encabezada na segunda posición na lista, tamén colaborou en botarlle cola aos carteis.
"Teño moita fe nisto e espero que Deus me axude", exclamou o candidato. Según Luís, a partir de hoxe ira casa por casa e veciño por veciño presentándose a si mesmo polas diversas parroquias da localidade pontevedresa da Cañiza.

Mª del Rosario Álvarez botou as últimas gotas de cola polos carteis -
www.Vigometropolitano.com

Chúzao
del.icio.us