Centos de flores cubriron as diversas alfombras na Cañiza
Un total de 10 alfombras se podían observar en toda A Cañiza
11 de junio POR Anxo Gutiérrez www.vigometropolitano.com

A alfombra era preciosa
Coma tódolos anos, veciños e veciñas da Cañiza construíron un total de 10 alfombras, nas que tamén se distribuían polas diversas parroquias da Cañiza. Soaban as 4 da tardiña cando empezaban a construír a alfombra mais grande de todas as 10 que se podía localizar na rúa oriente na Cañiza.

Esta alfombra foi moi longa con respecto aos anos anteriores,xa que este ano a estreaban en pedra a pesar que os anos anteriores o facían en asfalto. O malo foi que o rematar a misa na igrexa, por causa do tempo, suspendeuse a procesión e bendición da alfombra, pero os veciños non se disgustaban porque era fabuloso contemplar a alfombra na Cañiza.

A alfombra tamén ocupaba a rúa do Carmen

Chúzao
del.icio.us