Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A Cañiza
Comentarios do Pobo da Cañiza

14/06/2007 GMT 1

A Cañiza cambia de escudo e conta con bandeira propia

gasofas @ 15:32

13 de junio POR Anxo Gutiérrez www.vigometropolitano.com

copia_de_escudo_caniza.jpg
O antigo escudo da Cañiza
O municipio pontevedrés de A Cañiza conta dende fai unhas semanas con un novo escudo e unha bandeira municipal. O escudo cambia totalmente o seu emblema e se basa nos estudios realizados, aínda que se mantén a árbore central utilizada na primeira metade do siglo XIX, segundo o análise realizado no ano 1973 polo director do Museo de Pontevedra, José Filgueira Valverde, por encargo do concello. Con respecto á bandeira, non se lembra que A Cañiza tivera enseña propia, que foi confeccionada tamén en base a un estudo. É de cor verde, con unha franxa vertical en cor branco. A súa parte central é un roble con nove belotas vermellas.

copia_de_escudo_nuevo_de_a_caniza.jpg
O novo escudo do Concello pontevedrés da Cañiza
A proposta foi realizada en 2004 polo alcalde César Mera a Comisión de Heráldica de Galicia, e mais dous anos despois foi aprobada polo concello en octubre de 2006. Tras ser sometido a información publica, o pasado día 28 remitiuse á Comisión de Heráldica a dilixencia de esposicion. O mesmo tempo a consellería realizou os trámites necesarios enviando o expediente a todas as comunidades autónomas para verificar que no existía ningún outro escudo similar. O novo escudo ten como elemento central un roble terrasado de sinople, hojado e frutado de nove belotas de gules e unha bordadura jaquelada de gules e prata e o timbre unha coroa real cerrada,segundo a descrición heráldica. A comisión intentou respectar na medida do posible os elementos do antigo escudo.

dsc_0002.jpg
A dereita se pode observar a nova bandeira da Cañiza.
Desta forma mantívose o campo de prata, o roble de sinople, ou o que é o mesmo, en paño branco un roble verde. Dende ahí se introduciron outros elementos como as nove belotas de gules, é dicir vermellas, que representan as nove parroquias do municipio e ao propio nome de A Cañiza, cuyo origen se relaciona con os canizos ou casetas que se cubrían con ramas entrelazadas de arbores, que podían ser nobles.

Outro símbolo novo é o jaquelado de gules e prata, bordura en vermello e branco que simboliza a xurisdicción del cister sobre o monasterio e igrexa románica de A Franqueira, cuias armas están esculpidas en unha das súas capelas e en unha labra jaquelada localizada nun muro a carón da igrexa.

Comentarios

Un Comentario »

  1. busco el escudo de armas de mi familia "quintans", o cualquier informacion que a ella se refiera. gracias

    maria noelia quintans | 10-06-2008 - 20:10:32 GMT 1 #

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis