Emotiva homenaxe a Sinesio Gil polos seus 23 anos na directiva do CPI A Cañiza
20 de junio POR Anxo Gutiérrez
O pasado xoves tivo lugar no auditorio da casa da cultura o festival de fin de curso do CPI A Cañiza. Participaron tódolos cursos da ESO, interpretando cancións e obras de teatro. Os alumnos de 2º interpretaron algunhas cancións coma "Los Picapiedra" e "Titanic" entre outras. Os de 1º curso realizaron diversos bailes de hip hop. Os aplausos do público non se puideron evitar, xa que a súa actuación foi impresionante.
Logo os alumnos de 3º e 4º cantaron e tocaron algunhas cancións coma a de "los chicos del coro" e tivo lugar unha obra de teatro na que participaron algúns alumnos de 3º e 4º da ESO.

Ó final do festival, os alumnos e profesores do CPI, rendéronlle unha homenaxe ao director Sinesio Gil Yáñez, pola súa labor no centro. O director deixa a dirección, despois de levar nela case 23 anos, e non só de director, senon tamén de profesor de Xeografía e Historia. Algúns alumnos de 3º,4º e 2º entregáronlle en total 23 rosas brancas simbolizando aos 23 anos de director. Moi emocionado quedou Sinesio, que non puido evitar as lágrimas no seu rostro. Sinesio continuará na enseñanza, no CPI A Cañiza.
Todo este festival foi organizado a cargo das mestras de educación musical do CPI A Cañiza, Ruta Poznakova e Ana Rodríguez, que fixeron un gran esforzo para que este festival fose perfecto

Chúzao
del.icio.us