O PSdeG-PSOE da Cañiza gaba o seu ascenso nas pasadas municipais
28 de junio POR Vm
Luis Piña, o cabeza de lista socialista na Cañiza.
El PSdeG-PSOE de A Cañiza expresa publicamente o seu agradecemento polo respaldo electoral recibido polos veciños de A Cañiza o pasado 27 de maio o sacar un resultado “notable alto” alcanzando o mellor resultado do PSdeG-PSOE na súa historia cun 36,08% dos votos e cinco concelleiros, "un dos mellores porcentaxes do partido socialista en toda a provincia de Pontevedra. Esta situación nos motiva e ilusiona moito de cara ao futuro e de cara ao traballo político a realizar na corporación municipal de A Cañiza", afirman nunha nota de prensa.
“O resultado é máis meritorio cando analizamos a vila de A Cañiza, lugar onde demograficamente a poboación está moi envellecida, onde máis do 30% da poboación ten máis de 60 anos e apenas hai xente xove, situación que se agrava nas parroquias”, din nun comunicado.
O PSdeG-PSOE de A Cañiza dispón dunha agrupación xove, e dun líder xove que con apenas 21 anos comezou a formar parte da Corporación de A Cañiza cómo o único concelleiro da oposición contra o PP de doce concelleiros. Paso a paso, e sorteando todas as dificultades foi ascendendo ata o impensable número, hai uns anos, de cinco concelleiros nas pasadas eleccións do 27 de maio, estando moi por riba das porcentaxes obtidas noutros comicios electorais, 11 puntos por riba das autonómicas, situación que demostra a súa “competitividade e liderazgo e o seu potencial político de futuro”.
Por último, engadir que o PSdeG-PSOE investiu nestes comicios os recursos económicos normais nun proceso de eleccións municipais, pero “o señor Alcalde moi preocupado polos cartos que gastamos, volve a mentir e manipular as informacións sen demostrar nada do que di. Nós non sorteamos dúas viaxes a España entre os asistentes á reunión preelectoral de Bos Aires en Arxentina para incentivar a asistencia dos residentes de A Cañiza, nós non concertamos unha comida sen límite de presuposto na cidade de Lisboa, en Portugal, como si o fixo o señor Alcalde, ou gastamos fondos municipais en convocatorias e en reunións preelectorais con comida no estranxeiro”.
“O señor Mera demostra que non asimila o noso resultado electoral cos seus “berrinches”, e en vez de falar dos seus proxectos segue co seu discurso victimista de mentiras fundamentado na “política do medo, na política do pasado a que pertence”.

Chúzao
del.icio.us