Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A Cañiza
Comentarios do Pobo da Cañiza

20/07/2007 GMT 1

A Cañiza contará coa súa 1ª baixada de carrilanas "Festa do Xamón"

gasofas @ 20:46

carrilana_coche_jamon.bmpDende fai uns meses, planeouse facer unha baixada de carrilanas na Cañiza coñecida como "Festa do Xamón" para que os veciños poidan ter ao menos algún espectáculo deportivo. Manuel Pereira e Anxo Gutiérrez foron organizando este evento con toda a confianza do concello da Cañiza, que está prestando toda a súa colaboración a esta organización.

Explicaba Anxo Gutiérrez, xefe de prensa da organización, que a estrada da baixada de carrilanas será coñecida como "estrada da Uceira" no polígono industrial, que e a estrada que baixa para o torreiro de Oroso. A distancia total da estrada é de 800 metros, empezando no cruce ata o torreiro de Oroso, que conta con unha pista de mais de 600 metros que se utilizará de freada para as carrilanas.

"Temos que cumplir e respectar os requisitos que nos manda a Feredación",explicaba Anxo. Esta 1ª baixada é federada e tamén puntuable para o campionato galego. En total, participarán uns 40 pilotos das distintas localidades de toda Galicia, exceptuando os pilotos locais. Contarán tamén con publicidade por tod o percorrido e que se instalarán mediante lonas en todas as curvas, que conten a estrada. Os horarios previstos son os seguintes:

- 11.00 Entrenamentos libres.

- 16.00 Saída do primer participante da 1ª manga do Campeonato Galego.

- 17.00 Saída da segunda manga.

- 19.00 Entrega oficial de trofeos.

Todos aqueles que queiran participar de pilotos, poden apuntarse chamando ao teléfono 986 651 000 ou dirixíndose a Biblioteca Municipal da Cañiza.

E así a organizacón afirma que espera con entusiasmo o día 12 de agosto para poder disfrutar desta 1ª baixada de carrilanas "Festa do Xamón", no concello pontevedrés da Cañiza.

Comentarios

Comentarios(2) »

  1. a nosa escuderia denominada "carrozas" quedara nun bo posto.a nosa carrilana,
    gustaravos ,grupo de amigos colaboradores da carrilana: Nacho,Ricky,Angel,Isiña e
    Emilio,alias "abuelo Carrozas".

    SORTE PA TODOS

    nacho | 25-07-2007 - 23:14:23 GMT 1 #

  2. EU VOU DOS CARROZAS!!

    Xa teño apostado miles de Euros!!

    uRu | 26-07-2007 - 19:32:49 GMT 1 #

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis