A Cañiza celebrou o seu II torneo de baloncesto, abrindo así, a programación de verán
24 de julio POR Anxo Gutiérrez
O pasado sábado, día 21 de xullo tivo lugar na Cañiza o II Torneo de Baloncesto 3x3. Foi organizado maioritariamente por algúns dos xogadores do equipo de Baloncesto da Cañiza e o lugar elixido para a competición foi o pavillón municipal.
Foron 7 equipos apuntados na categoría de adultos, maioritariamente con xente da Comarca, de forma que tódolos equipos enfrontáronse entre sí. Ó final só 2 equipos conseguiron 4 vitorias dos 5 partidos xogados e estes foron os que chegaron á final. Finalmente, e ante todo pronóstico o equipo AXA da parroquia das Achas venceu ó equipo formado por algúns dos xogadores do equipo de baloncestoda Cañiza.
Desde as 19:00 que empezou, o torneo finalmente rematou ás 23:00 da noite e o equipo campión recibiu como premio unhas medallas co logotipo do Torneo. E así segue a programación cultural da Cañiza, na que lle adiantamos a programación para o mes de xullo:
- Semana de cine infantil no auditorio da Casa da Cultura as 20.30 Hrs.
Luns 23: Colegas del bosque
Martes 24: Antbully-Bienvenido al hormiguero
Mércores 25: La novia cadáver
Xoves 26: Monster house
Venres 27: Stuart Little: Aventura en el bosque
- Sábado 28 e domingo 29, campionato 24 horas de fútbol sala no pavillón municipal.
- Sábado 28, teatro no auditorio da Casa da Cultura coa obra titulada "O recuncho de Anabel"
- Domingo 29, festa dos nenos con inchables na plaza maior entre as 19:00 e as 21:00 Hrs.
- Domingo 29, cine na rúa na praza maior coa película titulada "Scoop" as 23:00 Hrs.
- Luns 30, cine na praza maior coa película titulada "Eragon" as 23:00 Hrs.
- Martes 31, cine na praza maior coa película titulada "Un buen año" as 23:00 Hrs.

Chúzao
del.icio.us