As festas do xamón están a piques de comezar na Cañiza
6 de agosto POR Anxo Gutiérrez

A 41 edición da “Festa -Feira do Xamón” da Cañiza esta a piques de comezar. Multitud de xente de distintos pobos de toda Galicia acuden a esta extraordinaria festa do xamón na Cañiza. A festa comezará os días 13, 14 e 15 de agosto con verbenas e como non con un publico magnífico. Hai que reconocer o gran esforzó que tiveron que facer os membros da comisión de festas para que estes tres días non faltase detalle.
PROGRAMACIÓN:
- Luns, 13: Ás 12.00 Horas. Saída dos Cabezudos acompañados pola Banda de Gaitas Santa Cristina de Valeixe. Verbena nocturna amenizada polo Grupo América e a orquesta Super Combo
Martes, 14 de agosto
Ás 12.00 Horas. Saída dos Cabezudos acompañados pola Banda de Gaitas Santa Cristina de Valeixe. Verbena nocturna amenizada polo Grupo Asia (De Asturias) e a orquesta Embajadores.

Praza Maior da vila
Mércores, 15 de agosto
Celebración da 41 EDICIÓN DA FESTA-FEIRA DO XAMÓN.
- 11.00. Venta de tickets para a degustación de racións con Xamón.
- 12.00. Desfile da Comitiva do Xamón dende a Casa Consistorial ata a Praza Maior.
- 13.00. Pregón das Festas (Entrega de trofeos dos concursos de Narración e de pintura)
- 13.30. Actuacións: Banda de Gaitas e Grupo de Baile da Asociación Cultural e Deportiva Santa Cristina de Valeixe. Exhibición de baile de salón. Orquesta Isla na sesión vermú.
- 18.00Horas Festa infantil na Carballeira do Cacharado.
- 19.00Horas Torneo de fútbol “Festa do Xamón”.
- Gran verbena amenizada pola orquesta Isla e o grupo Cabaret.
Domingo, 19 de agosto
Gran sardiñada na carballeira do cacharado.

Chúzao
del.icio.us