Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A Cañiza
Comentarios do Pobo da Cañiza

10/08/2007 GMT 1

Cañiza celebrará a XLI Festa-Feira do Xamón

gasofas @ 15:45

A peneira Dixital

A Cañiza segue co seu verán cultural a base de actuacións, música e teatro.
Deste xeito o xoves o humorista Farruco actuará na Praza Maior ás 23:00 horas. As Pekenekas actuará na rúa Peonil ás 20:30 horas do venres día 10; este día tamén haberá música a cargo do brasileño Renato Spencer, o escocés Macfeck e o galego Dj Maco. O sábado día 11 Capitán Maravilla actuará na Praza Maior e xa pola noite Northern Kentucky B. Singers porá música á Praza Maior a partires das 23:00 horas.
Neste mesmo día terá lugar o II Criterium de Coches Clásicos e ao día seguinte, domingo día 12 Tarde de Xogos Populares na rúa peonil e música a cargo de Tanxadoiras do Pandeiro na Praza Maior a partires das 23:00 horas. Tamén continuará o VIII Percorrido de Caza do Xamón. A I Baixada de Carrilanas comezará a partires das 10:30 horas coas verificacións.
O luns 13 comeza a XLI Festa-Feira do Xamón da Cañiza con verbena amenizada pola orquestra Super Combo e o grupo América a partires das 22:00 horas. O martes 14 a verbena estará amenizada pola orquestra Embajadores e polo grupo Asia de Asturias.
O mércores día 15 ás 11:00 horas comeza a degustación do xamón na Praza Maior. O desfile da comitiva será ás 12 horas e actuación dos grupos folklóricos á unha do mediodía.
A orquestra Isla amenizará a sesión vermú. A festa infantil con inchables será a partires
das 18 h, ó igual que o torneo
de fútbol. A verbena pechará as festas.
O domingo día 19 será o I Concurso de doma clásica do campionato galego. Neste mesmo día a carballeira do Cacharado acollerá unha sardiñada popular. O día 25 Teatro de Ningures actuará no auditorio da Casa da Cultura ás 21:30 horas.
A Festa da terceira Idade será o domingo 26 a partires das 18:00 horas.

Comentarios

Un Comentario »

  1. ola me llamo nuria tengo 11 años y me gustria que pal año trajerais dos orquestas la paris de noia y la philadepia

    nuria | 16-08-2007 - 11:37:33 GMT 1 #

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis