Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A Cañiza
Comentarios do Pobo da Cañiza

10/08/2007 GMT 1

Entrevista a Anxo Gutiérrez Barros, xefe de prensa da I Baixada de Carrilanas Festa do Xamón

gasofas @ 15:42

-Por que deciden organizar a I Baixada de Carrilanas?
-Porque na Cañiza non hai ningunha proba de automobilismo e porque hai moita xuventude que o viña demandando.
-Require moito esforzo organizar este tipo de eventos?
-Pois a verdade é que sí. Tan só estamos Manuel Pereira, membro da organización da Festa do Xamón, máis eu e por en marcha unha proba nova require moito tempo. Tivemos a sorte de contar coa implicación das casas comerciais que contribuiron publicitándose no cartel e con pancartas e tamén a colaboura do alcalde, César Mera.
-A Federación de Deportes de Inercia deulles autorización para que fose puntuable para o campionato galego, ¿que pide a cambio?
-Pois seriedade e profesionalidade. Temos que por duas ambulancias, contaremos coa axuda da Policía Local e, sobre todo, que a pista cumpra os requisitos.
-Cales son?
-Que teña un mínimo de metros e que estea limpa. Ó principio pensamos na pista do cámping pero os metros da pista eran pouco. Ó final a pista da Uceira resultou mellor, incluso para a seguridade do público porque ten máis zonas para ubicarse e gozar do espectáculo. Tamén teremos moita zona de aparcamento. Un equipo de voluntarios e a Policía Local velarán pola seguridade de todos. Iso sí, pedimos responsabilidade e colaboración. Que o público non se poñan na parte de fora das curvas nin a menos de dous metros da estrada.
-Como será o día?
-Pois moi animado. Teremos dous bares, un na meta e outro na chegada e música para animar o evento. Hai máis de cincuenta inscritos e haberá premios para a rapaza máis nova e para o rapaz máis novo. Haberá trofeos para os tres primeiros de cada categoría e medallas para todos os pilotos locais. Estou seguro de que todos os participantes e asistentes desfrutarán dun día divertido e san.

Comentarios

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis