Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A Cañiza
Comentarios do Pobo da Cañiza

10/08/2007 GMT 1

Máis de corenta pilotos participarán na I Baixada de Carrilanas da Cañiza

gasofas @ 15:35

Máis de corenta pilotos de toda Galiza participarán na I Baixada de carrilanas “Festa do Xamón” na Cañiza. Esta proba deportiva, organizada por Anxo Gutiérrez Barros e Manuel Pereira, membro da organización da “Festa Feira do Xamón na Cañiza”, terá lugar na estrada da Uceira, que é o vial que baixa dende o polígono industrial ata o torreiro de festas da parroquia de Oroso.

A estrada ten unha lonxitude de 800 metros, que ademais conta ao final cunha pista de freado de máis de 400 metros. A baixada será o día 12 de agosto e a organización xa está a dispor todo para que este evento deportivo atraia a centos de seguidores consolidándose como un atractivo máis desta vila do xamón. “Contaremos con tres bares repartidos por toda a pista e tamén varios equipos de música que animarán o evento. Queremos agradecerlle a súa colaboura ao concello e tamén aos establecementos comerciais da Cañiza que acolleron con moito entusiasmo a celebración desta I Baixada de Carrilanas Festa do Xamón. Levamos máis dun mes organizando esta carreira e atopámonos coa grata sorpresa de que moitos comercios de Cañiza amosaron o seu apoio e mesmo publicitarán os seus establecementos nas distintas lonas que se colocarán nas curvas e na entrega de trofeos, ademais dos que se insertan no cartel” explicou Anxo Gutiérrez Barros.
Os horarios previstos par a desputa desta carreira comezarán cos adestramentos libres arredor das once da mañá. Ás 16:00 horas terá lugar a saída do primer participante na primeira manga do campeonato galego; ás 17: horas a saída da segunda manga e xa ás 19 horas a entrega oficial de premios.

publicado na peneira

Comentarios

Un Comentario »

  1. eu paulo coelho tri campeao nacional de carrinhos de rolamentos gostava de saber quando e que a corridas para eu tanbem participa

    paulo coelho | 11-06-2008 - 12:15:22 GMT 1 #

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis