O PSdeG-PSOE da Cañiza rechaza a censura da Peneira
Publicado no diario a peneira
O PSdeG-PSOE de A Cañiza quere expresar publicamente o seu rechazo á acción levada a cabo polo Alcalde de A Cañiza censurando o reparto do xornal A Peneira nos lugares públicos do Concello, e o entorpecemento a súa distribución.
Tal medida viola o dereito á liberdade de comunicación e ao dereito a que os cidadáns da Cañiza sexan informados por este diario, ou por outro calquera.
A liberdade de pensamento, e de expresión forma parte dun dos piares básicos da democracia, e privar ou entorpecer estes dereitos é un claro feito absolutista e caciquista, obra daquel que non ten confianza nun mesmo e que teme que a xente pense por si mesma.
A censura da información trae a lembranza de tempos pasados, tempos aos que pertence o actual Alcalde, César Mera. A Cañiza non pode evolucionar se ten como rexedor a un ser caudillista ancorado nos tempos nos que comezou a exercer a política.

Chúzao
del.icio.us