Veciños de A Cañiza planean a creación dunha pista para helicópteros
27 de agosto POR Anxo Gutiérrez
A abrupta orografía do municipio de A Cañiza, representa un grave problema para os veciños cando é necesario realizar unha evacuación sanitaría de emergencia, xa que non conta con lugares apropiados para que os helicópteros de evacuación, poidan aterrizar sen perigo que as súas aspas poidan chocar contra os árbores ou o terreo. Esta é unha das argumentacións dos vecinos de A Cañiza que plantean a instalación na localidade de unha pista para aterrizar helicópteros.
Os interesados consideraron a adecuación dun céntrico terreo libre de obstáculos que os veciños da parroquia de Valeixe puxeron a disposición deste proxecto de interés público. ”Os terreos forman parte do terreo comunal de Valeixe e hasta a data, estaban cheos de matorrais e escombro, polo que con esta iniciativa, esa zona é a indicada”, indica Enrique Gómez Álvarez, un dos promotores da iniciativa.
Indican que esta parte do monte veciñal “supón ademais un perigo de propagación de incendios polo alto risco dos materiais depositados dado que con esta iniciativa se consigue dar un uso social e de interese a esta zona de monte abandonado, revalorizando”.
Os veciños esperan que a conselleria que preside Suárez Canal teña en consideración esta iniciativa popular e colabore con os mesmos para adecuar o punto de aterrizaxe, que tamén poderano usar os helicópteros pesados de extinción de incendios da Xunta.

Chúzao
del.icio.us