O PSOE acusa ó alcalde cañicense de facer unha ‘utilización partidista e electoralista’ do seu cargo
1 de septiembre POR Vm
Na primeira sesión ordinaria da Corporación de A Cañiza, o PSOE preguntou ó goberno municipal pola actuación do Alcalde, César Mera, en momentos preelectorais, que segundo comunicaron os socialistas a través dunha nota de prensa, “acabou recoñecendo publicamente que convocou os veciños de A Cañiza residentes en Arxentina a unha xuntanza en Bos Aires oficialmente como Alcalde de A Cañiza no que se sortearon dúas viaxes a España como se indicaba na convocatoria”.
O Grupo socialista “se interesou en saber canto valeu esta viaxe, estancia e ‘regalos’ como as viaxes entre os asistentes para as arcas públicas do Concello de A Cañiza, como a viaxe que realizou a cidade de Lisboa na que tamén convocou os veciños residentes en Portugal ‘oficialmente como Alcalde de A Cañiza’ con bebidas e aperitivos na parte final, ou, a carta enviada oficial como Alcalde a tódolos residentes no estranxeiro que é un ‘panfleto partidista’ vendendo unha situación idílica da súa xestión”. Os socialistas califican de “lamentable o grado de dexeneración no que chegamos na ‘utilización partidista e electoralista’ do cargo de Alcalde e dos cartos públicos do Concello de A Cañiza”.
As preguntas formuladas polo partido socialista de A Cañiza centráronse tamén na “denuncia urbanística presentada no mes de marzo deste ano contra a construción de dúas vivendas situadas na estrada de acceso o Cuartel da Garda Civil, entre o instituto e unhas naves de transportes nunha parcela propiedade do señor Alcalde, César José Mera Rodriguez”.
Segundo o PSOE, “as mencionadas casas, teñen licenza de 9 de agosto de 2003 co plan urbanístico antigo, e se inicia a súa construción tres anos máis tarde en agosto de 2005 nunha parcela que co novo plan en vigor desde setembro de 2003 non se pode construír, e ademais, a finca carece de acceso directo a vía publica o que fai imposible a viabilidade das construcións e non contar cos servizos básicos para ser merecedora de ser solar. Pero, para “colmo da cacicada”, traballadores do Concello nestes últimos días estiveron realizando traballos de conexións de servizos básicos municipais na parcela das vivendas denunciadas.”

Chúzao
del.icio.us