Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A Cañiza
Comentarios do Pobo da Cañiza

12/10/2007 GMT 1

A Diputación apoia a creación e posta en valor do vieiro da Franqueira

gasofas @ 12:41

Es unha rua cultural e medioambiental de 42 kilómetros entre A Cañiza e Soutomaior
9 de octubre POR Vm

A Deputación de Pontevedra apoiará a creación e posta en valor do Vieiro da Franqueira, un proxecto cultural, medioambiental, etnográfico e de turismo verde que discurre, ó longo de 42 kilómetros, entre A Cañiza e Soutomaior pasando por Mondariz, Ponteareas, Pazos ou Redondela.

Así o acordou hoxe o presidente en funcións da institución provincial, José Juan Durán, cos promotores do proxecto nunha xuntanza mantida no Pazo Provincial. No encontro, ademáis de Durán, participaron José González, promotor da idea e presidente da Fundación Premios da Crítica e da Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística, o concelleiro de Cultura de Redondela e o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera.

O proxecto, avalado pola Mancomunidade Cultural Intermunicipal dos concellos afectados, consiste na recuperación e posta en valor do devandito Vieiro da Franqueira ó longo de 42 kilómetros entre a capela da Virxe da Franqueira, en A Cañiza, e o Castelo de Soutomaior.

O plan prevé recuperar un espazo verde e unha ruta de paisaxe non agredido de cara a potenciar o turismo interior do sur provincial e, en concreto, das cidades de Vigo e Pontevedra. Sobre todo tendo en conta que o seu trazado discurre por lugares tan emblemáticos como a capela da Franqueira, o castelo de Sobroso, Mondariz ou o propio Soutomaior. O vieiro pasa tamén por zonas con numerosas casas adicadas ó turismo rural que facilitan o chamado turismo verde dun día ou unha fin de semana.

Según manifestou Durán, na primeira quincena de novembro a Deputación manterá unha xuntanza cos alcaldes por cuio territorio discurre o vieiro e cos promotores da idea para concretar datas e pasos do plan no que, con seguridade, participará o organismo autónomo da Deputación, Turismo Rías Baixas. En próximas datas, o propio Castelo de Soutomaior acollerá unha mostra para dar a conocer os atractivos do Vieiro da Franqueira e para divulgar a súa riqueza paisaxística, cultural, etnográfica e medioambiental.

Comentarios

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis