Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A Cañiza
Comentarios do Pobo da Cañiza

12/10/2007 GMT 1

O centro Comarcal da Paradanta imparte un semirario gratuito

gasofas @ 12:40

1ro de octubre POR Anxo Gutiérrez

I Centro Comarcal da Aparanta levará a cabo nas súas instalacións os días 19 e 26 de outubro en horario de 17.00 a 21.00 o Seminario,

’Que son as ONG para o desenvolvemento’.

Case todos nós poderíamos dicir de memoria o nome dalgunhas destas ONGs para o Desenvolvemento. Coñecémolas pola súas campañas de presión, polos seus proxectos de cooperación, polos anuncios e reportaxes,.... Pero moitas veces descoñecemos datos como ¿Son todas as ONGs iguais?, ¿Quen as financia?, ¿Cales é o seu plan de traballo?,....

As ONGs para o Desenvolvemento e de Axuda Humanitaria son unha realidade complexa, unha realidade rica en diversidade. A través deste seminario teremos a oportunidade tanto de concienciar ós mais cativos de que vivimos nun mundo desigual onde moita xente morre de fame e de sede, mentres eles tiran a comida; tanto de concienciarnos nós mesmos e saber como podemos axudar con moi pouco esforzo.

O Seminario que organiza a S.A para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia e a Coordinadora Galega de ONGD pretende resolver esas dúbidas. Neste Seminario abordaremos desde as orixes das ONGD ata os retos actuais de cooperación e desenvolvemento en Galicia, desde as grandes campañas de denuncia, como “Pobreza Cero” ou “Débeda Externa, Débeda Interna” ata o Código de Conduta das ONG para o Desenvolvemento. Abordaremos tamén diversos exemplos de proxectos de cooperación en países de América Latina e Asia, en países como Ecuador ou Perú nos que as ONGD galegas están traballando.

PROGRAMA:

1.Un mundo globalizado....un mundo desigual. 2.O nacemento das ONGS para o Desenvolvemento e a súa evolución ata a actualidade. 3.Campos de actuación das ONGD: Cooperación ao desenvolvemento, axuda humanitaria, comercio xusto, sensibilización e precisión política. 4.O financiamento das ONGD: recursos privados, recursos públicos. 5.A Comunicación nas ONGD. 6.A ONGD en Galicia. 7.Experiencias: América Latina, África, Comercio xusto,...

O Seminario é gratuíto. A inscrición pode facerse no Centro Comarcal de A Paranta, sito en rúa Silleda, s/n A CAÑIZA; no número de teléfono 986.66.33.29, por Fax no 986.66.33.28 ou vía mail cos datos persoais a ccparadanta@comarcasdegalicia.com

Comentarios

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis