Un mozo resulta ferido nun accidente na estrada PO 5005 na Cañiza
12 de octubre POR Anxo Gutiérrez

Aspecto do vehículo accidentado
Ao redor das 15.00 horas do xoves, produciuse un accidente na estrada comarcal PO-5005, a altura da parroquia de O Couto, pertencente ao concello de A Cañiza. Un mozo coas iniciais A.F.R., veciño de Crecente, conducía un Citroën Xsara, de cor gris, que circulaba en dirección a A Cañiza.
Según fontes da policía local de A Cañiza, o vehículo circulaba a excesiva velocidade, motivo polo cal o conductor perdeu o control do vehículo nunha curva, colisionando contra o gardarais e o vehículo emborcou. O conductor resultou ferido, e foi trasladado ao hospital do Meixoeiro en Vigo.

Chúzao
del.icio.us