A exposición do Centro Comarcal “Mamá fame”, a convivencia de mulleres africanas coa fame
Vigo metropolitano
A obra da fotógrafa e cooperante Marina Espriu reflicte o paradoxo que sofren as mulleres en África: son víctimas da fame e á vez motor de desenvolvemento das súas comunidades. Estará no mes de xaneiro, no Centro Comarcal da Paradanta, na Cañiza.
Mulleres que camiñan con bidóns de auga durante horas, nenos desnutridos que se aferran aos peitos das súas nais, mozas que moen con forza o “mijo” das súas familias… “MAMA FAME” é un percorrido en imaxes pola relación que milleiros de mulleres teñen a diario coa fame en África. Todas elas foron captadas pola cámara fotográfica de Marina Espriu, cooperante en Angola de Acción contra a Fame.
Espriu tratou de expresar nestas instantáneas a dureza desta relación pero tamén a enorme forza coa que estas mulleres plantan cara á fame, destacando o seu papel no núcleo familiar e a súa crucial apartación, a miúdo invisible, ao desenvolvemento das súas comunidades. Sete de cada dez persoas con fame en África son mulleres.
Acción contra a Fame, en colaboración coa S.A. para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia réndelle homenaxe, recordando aos visitantes da mostra o papel esencial que xoga a muller nos países máis pobres: elas alimentan aos seus fillos dende que nacen, a través da xactancia, e durante a infancia, garantindo a comida diaria a través dos alimentos que cultivan. Elas son as protagonistas da loita contra a fame.

Chúzao
del.icio.us