Esixen que poñan “inmediatamente” en funcionamento a depuradora e que a dote do persoal necesario
Os socialistas de A Cañiza esixen que o alcalde César Mera poña en funcionamento inmediatamente a depuradora de A Cañiza e que a dote do persoal necesario “e que deixe de evadir as súas responsabilidades, aínda que iso non de votos”.
O Grupo Municipal Socialista de A Cañiza entregou ao delegado provincial de Medio Ambiente, Juan Frojan, un informe técnico, encargado polo propio Grupo, sobre o estado actual da EDAR do municipio dada a “polémica” existente pola alarmante contaminación que existe nos arredores da depuradora e no río Deva.
De acordo coa portavoz socialista, Saba González Lorenzo, o seu partido leva anos reivindicando nos plenos e nos medios de comunicación “a correcta posta en marcha da depuradora de A Cañiza”, feito denunciado dende moito tempo polos veciños da vila e recentemente pola Asociación Ecoloxista Adega.
En dito informe os socialistas volven a denunciar a “irresponsabilidade” do alcalde César Mera, “que chegou tan lonxe ata o punto de non dotar dun operario propio, ou dunha empresa que se encargase do mantemento da depuradora dende a súa construcción”. E o mantemento da depuradora “é responsabilidade do concello”.
Unha depuradora que, segundo Saba González Lorenzo, se encontra en “total abandono” porque hai elementos que parecen non haberse utilizado nunca, como o filtro prensa. A EDAR de A Cañiza recolle ademais das augas residuais do casco urbano da vila, os residuos do polígono industrial.
No proxecto inicial de construción do polígono industrial municipal estaba previsto facer unha depuradora, existindo fondos para iso, pero “a depuradora do polígono nunca se fixo e tampouco se sabe que sucedeu con eses cartos”.

Chúzao
del.icio.us